Este sábado, “Noite de morcegos” en Baldaio

A asociación Morcegos de Galicia celebra este sábado 1 de outubro unha Noite de morcegos en Baldaio, unha iniciativa patrocinada pola Deputación da Coruña e na que tamén colabora o Concello de Carballo

O programa da xornada inclúe unha charla no centro social de Imende (Noicela) e unha saída nocturna. Se queres participar só tes que anotarte no teléfono 667 044 296

charla, prevista para as 18.30 horas, centrarase no morcego de Nathusii, unha especie migradora cuxa presenza en Galicia está confirmada dende o ano pasado por Morcegos de Galicia. Deste xeito, a nosa comunidade representa o extremo suroeste da área de distribución da especie a nivel mundial. Polo momento, os datos son moi escasos, e con estas iniciativas preténdese, precisamente, contrastar sobre o terreo a distribución da especie polo territorio. Con esa intención, mañá ás 19.30 horas realizarase un paseo de hora e media de duración. As persoas participantes levarán detectores de ultrasóns para escoitar e ver morcegos de Baldaio. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.