Este xoves, novo percorrido dramatizado na vivenda natal de María Casares

O pase de ‘Reflexos de María’ comezará ás 19.00 horas é será de entrada libre

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura, organiza este xoves, ás 19.00 horas, un novo percorrido dramatizado sobre a vida de María Casares, na vivenda natal da actriz. Esta é unha das últimas actividades con motivo do centenario do nacemento da artista, no marco da programación do Ano Internacional María Casares promovida polo Concello, con exposicións coma ‘María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada’ ou ‘María Casares: Vivencias de infancia e xuventude, 1922-1936’, na mesma Casa Museo Casares Quiroga.

Reflexos de María‘ é unha proposta de teatro específico para ese lugar coa que se recupera a figura de María Casares, poñendo en valor a súa orixe coruñesa. ‘Reflexos’ céntrase na infancia da actriz e desenvolve un percorrido na Casa Museo Casares Quiroga, o fogar natal de María. O público percorrerá a vivenda e as vivencias persoais e profesionais da pequena María Casares, interpretada pola actriz Nerea Brey, e visitará todos os pisos da casa familiar.

A peza, creada pola propia Brey e Ernesto Is, ten a súa orixe en ‘Despois das ondas’ (2022), de Ernesto Is, na que o escritor evoca o regreso de María Casares á Coruña despois de converterse na gran dama do teatro francés. Esta foi a primeira peza dramática longa escrita en galego sobre a vida e a carreira da actriz, que viu a luz en 2019 no Teatro Colón da Coruña. Con motivo do aniversario da actriz, a obra foi reeditada e volverá ser representada novamente na Coruña, nesta adaptación especial. A actividade enmárcase na estratexia do Goberno de Inés Rey para a posta en valor das Casa Museo, cunha variada oferta de actividades para todos os públicos.

‘Reflexos de María’ terá catro pases. O primeiro foi o pasado día 22 e o deste xoves será o segundo. Teñen unha duración aproximada de 50 minutos e a idade recomendada é de máis de sete anos. As seguintes funcións serán o 3 e 10 de novembro, tamén ás 19.00 horas. A entrada é libre ata completar capacidade, polo que non é preciso inscrición previa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.