Formoso aposta por responder “política e xudicialmente” ao veto da Comisión Europea á pesca de fondo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, pronunciouse hoxe sobre o peche da pesca de fondo en 87 áreas de España, Portugal, Francia e Irlanda decretado pola Comisión Europea, unha decisión á que considera “un ataque a un porcentaxe importante da pesca en Galicia” e á que cree que “hai que responder política e xudicialmente”.
Fíxoo no marco da xornada ‘Actores na protección e control do medio mariño: o papel das confrarías de pescadores’, organizada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores no Pazo de Mariñán, onde reclamou que “todas as administracións que teñan capacidade de presentar un recurso contencioso no Tribunal Europeo contra esta decisión, deben facelo”.
O presidente provincial lembrou que “para Galicia a pesca é un sector estratéxico, cunha porcentaxe importante do Produto Interior Bruto, sobre todo en 86 concellos de costa de Galicia, onde a súa aportación a economía supera o 20%” e fixo referencia a que hai “27.000 persoas que pertencen a cadea mar-industria”. “Polo tanto é un sector no que a Xunta de Galicia, e todas as administracións, teñen que estar na súa defensa”, afirmou.
Formoso instou “ao Goberno de España e á Xunta de Galicia a facelo” e tamén “ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que acuda a falar, non só coa presidenta da Comisión Europea, senón tamén co poñente deste regulamento, que é Gabriel Mato, un eurodeputado do Partido Popular, do seu grupo”. “Polo tanto, instamos a Rueda a que vaia a Bruselas a tratar un asunto estratéxico, no que o goberno da comunidade de Galicia ten que estar á altura das circunstancias porque Galicia non é Galicia sen a súa pesca”, subliñou.

O papel das confrarías de pescadores
Formoso participou na clausura da xornada ‘Actores na protección e control do medio mariño: o papel das confrarías de pescadores’, organizada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores e na que se abordaron asuntos como: a importancia do control para o mantemento dos recursos e as comunidades pesqueiras, as confrarías como colaboradores necesarios para a protección ambiental ou a facilitación da labor de control e inspección nas confrarías de pescadores.

 

2 comentarios

  • JULIO ASOREY

    Confiemos en que el día 26 la ayuda de Irlanda y Francia en Bruselas permita al Sr.Planas regresar a España con
    algun resultado positivo que en principio, no tiene buena pinta para los intereses de España.

    Está muy bien utilizar todos los medios posibles (a sabiendas de que la prohibición de la pesca de arrastre por debajo de los 800 mts.viene advertido desde Bruselas desde el año 2016) para «revertir» la situación .pero de ser cierto que BRUSELAS «lleva 2 años efectuando «consultas en profundidad» con los Estados miembros para ayudar a restaurar los ecosistemas vulnerables,arrecifes de coral de aguas frías ,montes y fallas de aguas profundas»,nos permite afirmar que están todos los interesados(políticos y no politicos) al tanto del tema .

    Presentarse ante los medios para dar visibilidad al tema ,no está mal aunque «los deberes» (si existen) haberlos hecho antes.
    Posiblemente CEPESCA se haya adelantado a todos Vdes. y se encuentren abordándo el asunto con más solvencia, por vía jurídica.

  • JULIO ASOREY

    No pierdan de vista las negociaciones con Reino Unido y Noruega por que despues y cuando el reparto de los stocks en aguas compartidas,volverá a ser tarde y de nuevo la culpa será de la Comisión Europea.

    Ojalá me equivoque y el 26 el Sr.Planas salga de allí con una sonrisa «de oreja a oreja» pero va a ser que NO y que el
    «trancazo» no tiene vuelta atrás!.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.