Formoso critica a rebaixa de impostos aos máis ricos anunciada por Rueda: “Amosa escasa sensibilidade co pobo galego”

O líder dos socialistas galegos acusa ao presidente da Xunta de “facer seguidismo dos baróns do PP” e de “renunciar a unha política fiscal galega”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou hoxe a súa “decepción” coa rebaixa do imposto do Patrimonio anunciada hoxe por Rueda, que “amosa escasa sensibilidade co pobo galego”. O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de despregar “unha política fiscal pensada para os máis ricos”.

Formoso sinalou que a rebaixa afectará tan só ao 0,02 por cento dos máis ricos, mentres “prexudica claramente a cada galego e cada galega”. Reivindicou unha “política fiscal xusta, que permita manter os servizos públicos e Galicia e non só beneficiar aos máis ricos, que son os que menos problemas teñen que sufrir en plena crise económica”.

Reivindicou que “Galicia ten que ter unha política fiscal propia”, mentres Rueda prefire anunciar a rebaixa do imposto de Patrimonio “motivado por facer seguidismo político das instrucións de Feijóo aos baróns territoriais do PP”. Lamentou que o presidente da Xunta sitúe a Galicia “sometida ao que opina Ayuso en Madrid, ou ao que opina o presidente de Murcia”.

Beneficia a unha minoría

Valentín González Formoso engadiu que “en calquera caso non deixa de sorprendernos que o presidente adopte unha política fiscal que prexudica á sociedade galega e beneficia a unha minoría, que son os que menos problemas teñen, que son os que teñen máis de 1 millón de euros nas súas contas”.

Sen embargo, puntualizou que “esta decisión en certa medida non sorprende” porque, lembrou, “o PP aprobou unha amnistía fiscal para os que defraudaban durante décadas en todo o Estado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.