Freedonia presentarán este xoves o seu último traballo ‘Conciencia’ dentro do ciclo Elas Son Artistas

A quinta edición de Elas Son Artistas inclúe na súa programación unha actuación do grupo Freedonia este xoves 29 de setembro no Teatro Colón do Concello da Coruña ás 21.00 horas

Co mes de setembro, o ciclo Elas Son Artistas leva a súa programación ás salas de concertos e a recintos de máis aforo, como é o caso do Teatro Colón que acollerá este xoves o directo dunha dunha das banda de referencia na escena estatal de música soul e funk, Freedonia.

Desde os seus inicios no ano 2006, esta agrupación subiuse aos escenarios de diversos festivais como BBK Live, ImaGina Funk ou Nocturama e foi o único grupo nacional que representou ao país no Visa For Music en Rabat. As súas composicións achegan a realidade dunha forma clara e sen reviravoltas, feito que lles dá personalidade nos seus dous discos, ‘Freedonia’ no 2012 e ‘Dignity and Freedom’ en 2014.

O seu terceiro disco ‘Shenobi’, levado a cabo tras unha exitosa campaña de crowdfunding con máis de 700 persoas colaborando, contiña vinte temas cun fío condutor que é a liberdade da muller. O seu máis recente álbum publicado ata a data, ‘Conciencia’ presentarano este xoves 29 de setembro no Teatro Colón dentro da quinta edición de Elas Son Artistas. Este cuarto disco contén temas sobre a liberdade de expresión, o cambio de mentalidade ecolóxica, a igualdade, o respecto, a xustiza ou o progreso. Un traballo que se viu influído polo discurso do premio nobel José Saramago onde facía unha reflexión sobre a sociedade na que vivimos.

Esta banda formada por unha voz incendiaria e oito músicos que rezuman creatividade, ademais dunha potente sección rítmica, subiránse ás 21.00 horas ás táboas do teatro da cidade herculina para ofrecer un directo demoledor, deixando o listón ben alto para o resto da programación do ciclo que aínda está por vir.

ELAS SON ARTISTAS

Elas Son Artistas é moito máis que un festival ou un ciclo de espectáculos artísticos. É unha reivindicación pola igualdade, unha homenaxe á muller creadora, que como sempre, será en todo momento protagonista.

Un festival posible grazas ao apoio institucional dos concellos que participan do mesmo, pero tamén grazas á suma a nivel patrocinio de empresas privadas como Gadis e Caeiro e colaboradores como MIM – Mujeres de la Industria de la Música, AIE – Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España, Coca-Cola e a República Musical Mardi Gras. Finalmente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia tamén colabora en aqueles espectáculos que se realizan en galego.

DATAS DOS EVENTOS:

 29 de setembro – Freedonia – Teatro Colón, A Coruña

28 de outubro – Leticia Rey – Auditorio do Edificio usos múltiples do Burgo, Concello de Culleredo

29 de outubro – Ana Curra – Garufa Club, Concello da Coruña (ese día tamén presentará o libro sobre a súa traxectoria vital)

18 de novembro –  LaMontagne & PicoAmperio + Lúa Mosquetera & Pablo Seijas – Casa da Cultura Pintor Lloréns, Concello de Sada

19 de novembro – Gala Elas Son Artistas – Centro Ágora, Concello da Coruña na que actuarán Carolina Rubirosa, Ángeles Dorrio, entre outras.

 26 de novembro – MJ Pérez – Auditorio de A Senra, Concello de Bergondo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.