Ian Mackay extiende su contrato con el RC Deportivo hasta el 2024

O RC Deportivo e Ian Mackay Abad (A Coruña, 14 de xullo de 1986) chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación por unha temporada máis, até xuño de 2024.

O porteiro coruñés, de pai escocés e nai herculina, regresou o pasado verán á Coruña procedente do Sabadell para debutar despois dunha extensa carreira profesional (RC Deportivo Fabril, Vecindario, Atlético Baleares, Real Murcia CF, SD Cidade de Santiago, SD Ponferradina, Racing de Ferrol e CE Sabadell) co seu equipo de formación e de corazón, do que é capitán xunto a Álex Bergantiños e no que a pasada temporada foi titular indiscutible baixo os paus.

3.450 minutos, 38 partidos e 33 goles encaixados son as cifras asinadas por Ian na primeira das, por agora, tres temporadas que estará, polo menos, en casa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.