Inés Rey celebra a visibilidade que o cume hispano-alemán de outubro dará á cidade da Coruña

A alcaldesa agradece ao presidente Pedro Sánchez que aceptase o seu ofrecemento da cidade para acoller grandes citas internacionais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, celebra o anuncio do Goberno de que o próximo cume hispano-alemán se celebre na nosa cidade os días 5 e 6 de outubro. Nesta reunión bilateral estarán presentes o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, e o chanceler alemán, Olaf Scholz.

“Quero amosar a miña evidente satisfacción e agradecemento ao presidente por aceptar o meu ofrecemento da cidade da Coruña para acoller grandes citas internacionais como esta”, sinalou Inés Rey. “Este anuncio supón un respaldo á nosa cidade en canto a visibilidade. Somos unha cidade moderna e importante, capacitada para acoller grandes citas como esta”, apuntou a rexedora.

A Coruña será, pois, o escenario desta xuntanza bilateral na que se debaterán diversas cuestións de importancia nas relacións entre ambos os países e os actuais desafíos internacionais da actualidade, como a guerra e as súas consecuencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.