Máis Porriño. «Desviación de cartos da partida orzamentaria de gasto social do Concello do Porriño a festas»

Desde Máis Porriño queremos denunciar públicamente a inaceptable actuación do goberno municipal do Partido Popular do Porriño o desviar cartos das axudas dos veciños e veciñas mais necesitados para pagar partidas de festas no municipio

É evidente que promover o pobo e necesario, e que todo o que sexa activación do gasto no porriño e algo positivo, o que non se pode aceptar de ningún xeito e que se utilicen cartos da partida orzamentaria de gasto social para festas cuando, no porriño, existen moitos veciños e veciñas e non teñen para comer, o non teñen vivenda garantizada
Un goberno municipal debe ter claras as suas prioridades, o primeiro, e moi por riba de todo o demais, é o benestar dos veciños e veciñas, DE TODOS, e sempre a de ir primeiro o garantizar as necesidades básicas da veciñanza, e depois as festas
Sen duvida en esta actuación, o goberno do PP do Porriño, se poden establecer as prioridades do goberno municipal popular…primeiro pon por diante ter distraída en festa e jolgorio a veciñanza para que non se aprecie a nula xestion de este goberno municipal no que leva de mandato
Até o de agora só vimos promesas e anuncios, pero accions reais ningunha, todo marketing de anuncios acompañado de pan e circo para ter tranquila a plebe, como na época romana, pero xestion real ainda ningunha
A gota que colma o vaso é este inaceptable trasvase de cartos dos mais mais necesitados para pagos non esenciais. O gasto social é a única partida orzamentaria intocable, pois de esos cartos dependen os mais necesitados
A nosa decepción e tremenda, pensábamos que este alcalde era unha excepción no PP, que era diferente, a triste realidade e que parece ser mais do mesmo
Pero mais alá da decepción o que nos invade é a indignación, o PP de O Porriño está a malgastar os cartos dos porriñeses en automaketing de «pan e circo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.