Maite Ferreiro: “Desde o Goberno de Lugo contamos con que a Xunta colabore cun concerto para o San Froilán 2022”

A concelleira de Cultura explicou que «agardamos que, como se fixo noutras cidades, o goberno galego inclúa ao San Froilán dentro da programación do Xacobeo»

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, pediu a implicación da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza na organización do San Froilán 2022. A concelleira de Cultura explicou que «desde o Goberno de Lugo estamos a traballar na volta do San Froilán despois de dous anos de pandemia con concertos e actividades culturais para que toda a veciñanza de Lugo poida desfrutar da gran festa do outono galego».

«Agardamos que a Xunta de Galiza se implique coas festas de Lugo do mesmo xeito que fixo con outras cidades», afirmou Maite Ferreiro, que engadiu «o Goberno Galego ten que incluír ao San Froilán na programación do Xacobeo 2022, con algunha actividade cultural de calidade, na liña do xa anunciado polo Goberno de Lugo».

A área de Cultura prepara, de cara ao San Froilán 2022, unha programación diversa e de calidade, con concertos, espectáculos de rúa e  cunha gran presencia do tecido cultural da cidade. A nova praza da Mosqueira acollerá este ano un dos escenarios do San Froilán, consolidando esta zona como un dos puntos máis importantes da programación cultural de Lugo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.