Nerea Pampín convocada coa Selección Española Sub-23

A deportista Nerea Pampín Blanco (Club Keltoi de Vila de Cruces), permanecerá concentrada coa SELECCIÓN ESPAÑOLA do 5 ó 11 de Setembro en Torredelcampo (Jaén), como parte da súa preparación de cara o Mundial U-23 que terá lugar en Pontevedra no mes de Outubro

A selección Española feminina, está preparando a súa participación na cita mundialista de Pontevedra no mes de Outubro. A deportista con mellores resultados internacionales é Nerea Pampín (5ª clasificada no Cto. de Europa U-23), agora convocada coa selección Española para esta concentración preparatoria de cara o mundial.

Nerea Pampín adestra no CGTD de Pontevedra as ordes de Rubén Méndez e Marcos Miragaya, formando parte do grupo de Rendemento: agora o principal obxectivo é afinar a súa preparación de cara o Mundial de casa, onde recibirá todo o apoio da familia da Loita Galega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.