Noa Díaz reclama o relevo da dirección da CRTVG “por darlle voz a unha plataforma dixital de extrema dereita”

Acusa á TVG de converterse no “esperpento de todo o Estado” por incluír a esta plataforma nunha visita do goberno aos traballos de exhumación de vítimas do franquismo

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG no Parlamento, Noa Díaz, esixiu hoxe o “relevo total da dirección da CRTVG e o cese das persoas que ordenaron inserir” a unha plataforma dixital de extrema dereita nunha peza informativa do pasado 31 de agosto. Daquela, a TVG foi “o esperpento do Estado” ao incorporar a esta plataforma na cobertura dunha visita do goberno aos traballos de exhumación de vítimas do franquismo en Colmenar Viejo.

Díaz acusou ao ente público de “rachar co baleiro mediático ao que practicamente todos os medios informativos, tamén os de dereitas, someten a estes grupos ultradereitistas”, e lembrou que por eses 20 segundos que tan só emitiu a TVG, a propia plataforma twitter pechaba a conta do grupo. Denunciou que “racha con calquera criterio xornalístico e co código deontolóxico”, e “nin o contido nin a forma cumpren coa misión de servizo público nin cos principios fundacionais do ente.

Sinalou que “se os nosos medios públicos non respectan a dor de miles de familias que queren recuperar os corpos dos seus familiares fusilados polo réxime de Franco, preguntámonos cal será a seguinte barbaridade informativo nesta ansia por ser a ferramenta propagandística do PP e do señor Feijóo”.

A responsable socialista criticou a “deriva dos informativos da CRTVG, que xa nin se conforman con manipular para favorecer un goberno do PP, senón que agora estenden esa manipulación funcionando de altofalante da ultradereita”. Subliñou que “chegou xa a fin desta dirección xeral, que por cansanzo ou por incompetencia manifesta debe proveer unha remuda para dar paso a quen de verdade se comprometa ao cumprimento da nosa Lei” dos medios públicos audiovisuais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.