O 061 de Galicia asistiu 54 persoas por 46 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 18 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 54 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 16 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de setembro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 16 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 54 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64% e do 36% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
6
Ourense
4
Pontevedra
15
Galicia
46

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 55. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 43 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes,  en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.