O BNG solicita explicacións na contratación dunha persoa no traballo social de Castroverde

Iria Castro, concelleira do BNG en Castrovrede “o goberno ten que explicar porque nos baremos desta convocatoria se brinda o mesma puntuación á privada que as administracións públicas”

O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde preguntará ao goberno municipal no vindeiro pleno deste xovessobre o proceso de contratación dun traballador/a social.

No concurso-oposición desta oferta de emprego público, o criteiro do goberno municipal  nas bases, iguala na súa puntuación a quenes desenvolveron o seu traballo na empresa privada como na administración pública “este é un caso prácticamente único o que se está a pasar en Castroverde, até o Colexio Oficial de Taballo Social incidiu na disparidade de criterio na contratación pública a través dun recurso” explicou Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde.

A concelleira do BNG destacou “o proceso de contración nun Concello debe ser o máis garantista posíbel, para afianzar criterios os máis obxectivos que garantan un servizo público de calidade” polo que preguntará ao goberno municipal sobre esta situación “desde o BNG esixermos explicacións á alcaldía para que nos explique a que se debe e porque elexiu este criterio”

Iria Castro lembra que o servizos comunitarios de Castroverde son municipais “aínda que lle pese ao goberno municipal e se queira privatizar aínda máis o servizo do SAF e da xestión dos servizos socais de Castroverde, os servizos son públicos e deben velar pola súa calidade e a xestión eficaz” sinalou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.