O Centro de Apoio ao Medio Rural A Fusquenlla, de Moeche protagonista do primeiro espazo da programación de Onda ODS, chegará ás emisoras galegas o vindeiro luns

Radiofusión emitirá todos os días laborables, desde o luns ata o 31 de decembro, un espazo de dez minutos ás 09.00 e 21.00 horas

Tras a emisión o xoves dun espazo radiofónico inaugural, o luns arranca a programación de Onda ODS, un proxecto que aglutina a máis de trescentas emisoras municipais e comunitarias ao longo de todo o Estado a través do que difundir e invitar a reflexión respecto dos obxectivos de desenvolvemento sustentable recollidos polas Nacións Unidas na súa Axenda 2030.

A programación desenvolverase de forma continua ata finais de ano, cunha periodicidade e formato que variará en función das peculiaridades dos medios que aglutina cada asociación. No caso de Galicia, EMUGA-Radiofusión apostou por un espazo de dez minutos, que será emitido todos os días laborables, ás 09.00 e 21.00 horas, polas 25 emisoras asociadas. Trátase dunha peza de produción centralizada e común para toda a xeografía galega, que irá abordando iniciativas desenvolvidas por diversos puntos da localidade.

De feito, o primeiro programa, que se emitirá o luns, terá como protagonista ao Centro de Apoio ao Medio Rural A Fusquenlla, emprazado en Moeche. Unhas instalación orientadas á transformación alimentaria de produtos do agro no que pequeñas explotacións e particulares da contorna poden procesar as súas colleitas xa sexa para o autoconsumo ou para darlle saída aos excedentes.

Este será o primeiro dos trinta programas informativos contemplados como parte do proxecto Onda ODS, que se completa con pezas en outros formatos audiovisuais, coma vídeos ou podcast. A través deles desenvolverase unha estratexia de comunicación encamiñada a dar visibilidade -con exemplos próximos e reais- a iniciativas e persoas que traballan en prol dos valores recollidos de forma global na Axenda 2030, con especial atención a cuestións como a emerxencia climática e a preservación medioambiental, a loita contra a brecha de xénero e a discriminación, así como a revitalización do medio rural.

En Galicia, 25 radios locais e comunitarias participan deste proxecto conxunto de Radiofusión, EMA-RTV, Radio Televisió Cardedeu La Xarxa e a REMC que conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *