O Concello de Oleiros demandará a EMALCSA a substitución do tramo de tubaxe que atravesa a Costa da Tapia

Oleiros solicitará a EMALCSA, empresa que subministra auga á comarca, que realice as obras precisas para solucionar os problemas ocasionados polas reiteradas roturas da tubaxe de auga que atravesa a Costa da Tapia e subministra á veciñanza de Cambre e Oleiros

En relación coa tubaxe que volveu romper o pasado venres e que atravesa a Costa da Tapia subministrando auga aos municipios de Oleiros e Cambre, o Concello de Oleiros demandará a EMALCSA, empresa que subministra auga á comarca, que substitúa o citado tramo que atravesa desde a ponte do Burgo ata o Seixal, ademais solicitarase tamén que se dispoña o contador de EMALCSA na zona do Seixal e non na Ponte do Burgo.

O Concello de Oleiros garante o subministro de auga á veciñanza de Oleiros e Cambre a través dos depósitos que o concello ten no alto de Coroto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.