O Concello de Sarria, e a Residencia Nosa Señora do Carme condenados a pagar a un traballador o complemento de Incapacidade Temporal

O Xulgado do Social Nº4 de Lugo ven de emitir unha sentenza condenatoria contra a Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria e o Concello de Sarria, na que condena á Residencia a pagar a un traballador a cantidade de 1520, 27€ en concepto de complemento de Incapacidade Temporal, correspondentes ao prazo entre Xaneiro e Outubro de 2021.

En xuño do ano 2020 de forma unilateral o concelleiro responsable da Residencia, Sr Escontrela tomou a decisión de non abonar os complementos en caso de Incapacidade Temporal que levaban mais de 10 anos cobrando. Esta decisión foi posteriormente recurrida polo Comité de Empresa e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dítaba sentenza en outubro de 2021 recoñecendo o dereito dos traballadores e traballadoras da Residencia de Sarria a cobrar o complemento en situación de IT.

Mais unha vez recoñecido dito dereito o Concello de Sarria non abonou as cantidades adebedadas de forma ilegal aos traballadores que estiveron en situación de IT durante o periodo entre a decisión e a sentenza do TSXG, senón que as persoas afectadas vironse na obriga de ter que acudir nuevamente ao xulgado do Social para poder cobrar esas cantidades.

«Desde a CIG xa denunciamos en varias ocasións as políticas de recortes e discriminación que o Concello de Sarria aplica sobre o persoal da Residencia, políticas ademáis que foron incrementadas e alentadas durante a presente lexislatura polo Goberno Municipal. Lamentamos que unha Administración Pública como é o Concello de Sarria penalice o traballo do Persoal dunha Residencia con penalizacións económicas como neste caso o impago do complemento por I.T».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.