O Concello de Triacastela dálle os parabéns a Aurora Gayo González polo seu 100 cumpreanos

Aurora naceu en Vilar, Triacastela, tivo tres fillos, xa falecidos, dous netos e dúas bisnetas. Vive coa súa nora Sara e a súa neta Margarita na casa de Salgado da Vilavella onde casou hai preto de 80 anos con Manuel Salgado Samos. É viúva desde o ano 2004.

A centenaria dedicouse á vida da casa e do campo. Vive marabillosamente coidada pola súa nora e a súa neta. Con motivo do seu centenario recibiu a visita da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e do tenente de alcaldesa Bautista Arias.
O Concello de Triacastela conta a día de hoxe con dúas centenarias.
Moitos parabéns!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.