O Concello de Vilalba emprenderá accións legais contra aquelas persoas que cometan delitos de inxurias o calumnias nas redes sociais

Porá en coñecemento das forzas de seguridade e os xulgados a existencia de perfís falsos para solicitar unha investigación

O Concello de Vilalba emprenderá accións legais contra todas aquelas persoas ou colectivos que cometan delitos de inxurias o calumnias nas redes sociais municipais, ou ben naquelas páxinas e perfís que reproduzan as informacións do concello.

O concello respecta os comentarios nas redes sociais, entendendo a importancia da liberdade de expresión e a comunicación bidireccional, pero non pode permitir os que inclúen inxurias e calumnias.

Ademais, porá en coñecemento das forzas de seguridade e as autoridades xudiciais a existencia de perfís falsos, co obxectivo de comezar unha investigación.

As inxurias e calumnias están tipificadas como delito no Código Penal. En concreto, o artigo 205 afirma que “é calumnia a imputación dun delito feita con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo hacia a verdade”, mentres que o artigo 208 recolle que “é inxuria a acción ou expresión que lesiona a dignidade doutra persoa, menoscabando a súa fama ou atentando contra a súa propia estimación”.

O Concello de Vilalba anima aos seus veciños e veciñas a participar nas redes sociais, respectando ás críticas á xestión municipal, pero non pode aceptar comentarios que supoñan un delito.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.