O empresario hoteleiro e agropecuario ourensán, Julio Ríos, este sábado en “Facendo as Américas”

 Despois de anos de traballo e esforzo Julio Rios chega a ocupar un destacado posto nunha selecta lista na que o seu nome aparece xunto ás maiores sagas empresariais do Uruguai, entre banqueiros, arquitectos, avogados, comerciantes e mesmo futbolistas de renome

A actriz e presentadora Estíbaliz Veiga entrevista este sábado a Julio Rios, un empresario galego (de Lobios) que acadou o éxito en Montevideo. Trátase dunha nova entrega de “Facendo as Américas”, un programa que xurde para dar a coñecer a  personaxes galegos ou con raíces galegas que un día decidiron emprender unha nova vida e probar sorte emigrando a Latinoamérica.

O empresario hoteleiro e agropecuario Julio Ríos Serapio emigrou desde Lobios (Ourense) en 1959 e no seu haber atópanse dous hoteles en Montevideo, o Holiday Inn (de catro estrellas) e o Hotel Klee. Ademáis, o ourensán Ríos Serapio posee unha facenda agropecuaria en Tacuarembó -capital do departamento agrícola e gandeiro por excelencia- formada por máis de 2.000 reses de ganado bovino.

Despois de anos de traballo e esforzo Julio Rios  consigue ocupar un destacado posto nunha selecta lista na que o seu nome aparece xunto ás maiores sagas empresariais do Uruguai, entre banqueiros, arquitectos, avogados, comerciantes e mesmo futbolistas de renome.

Coñeceremos o seu día a día, os seus amigos e á súa muller, Mariela Zilli, unha uruguaia que converteu a Julio Rios en todo un gaucho… aínda que parece que el, caladamente, fixo dela unha auténtica galega. Toda a historia da familia Rios, mañá, sábado, ás 18.00 horas en Televisión de Galicia.

Conducido pola actriz e presentadora Estíbaliz Veiga, “Facendo as Américas” presentaranos a eses galegos que arriscaron todo canto tiñan para buscar o éxito alén das súas fronteiras. Cun ton amable no que predomina o rigor, os datos, o sentimento, a emotividade e tamén o bo humor, narraremos a través das entrevistas a importantes persoeiros galegos ou os seus descendentes, as circunstancias, dificultades, superacións e anécdotas que a emigración provoco nas súas vidas así como a pegada que imprimiron nos seus respectivos países de adopción.

A intención principal é entreter divulgando a nosa historia e a dos nosos compatriotas, os galegos que se foron, ou os seus descendentes, e ficaron alén do Atlántico pero que, por suposto, nunca esqueceron a súa orixe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.