O escritor Xabier Quiroga Díaz será o encargado do pregón da primeira edición da Festa da Vendima no Saviñao

A 1ª Edición da Festa da Vendima chega a Saviñao os días 17 e 18 de setembro. Unha proposta cun amplio programa de actividades que xiran en torno ás labores típicas da vendima, o viño e a gastronomía. A súa celebración terá lugar no entorno natural da Devesa, no corazón de Escairón. O evento está dirixido a todas as idades, pois tamén será posible presenciar actividades de artesanía e oficios centenarios como o de cesteiro, un traballo en peligro de extinción.

Precisamente, o encargado do pregón será o escritor e profesor Xabier Quiroga Díaz, natural de Escairón e referente da literatura lucense cunha amplia obra que consta de nove libros.

A súa primeira creación foi Atuado na Braña, finalista do Premio Xerais 2001, seguido de Era por Setembro, Se buscaba un deus e O Cabo do mundo, libros que fan alusión á guerra civil e ao franquismo. Este último foi Premio da Crítica de narrativa gallega, ao igual que Zapatilla rotas, o seu seguinte libro. Nos últimos anos publicou Izan o da saca, La casa del nazi, O cabo do mundo e O baile dos estorniños

Faceta futbolística

Ademais da literatura, ten un pasado vinculado ao mundo do fútbol. Foi xogador do Atlético Escairón, o Calasancio, o Lemos, o Flavia e o Sporting de Xixón onde mantén boas lembranzas tanto dos clubes como dos xogadores e membros dos equipos.

Sen embargo, foi de adestrador do Atlético Escairón cando máis éxito tivo. En tres tempadas conseguiu establecer unha metodoloxía nos adestramentos a un equipo que contaba con xogadores intelixentes e con moita dedicación, e que ao final obtivo bos resultados como o ascenso a división Preferente. Ao final, máis que ter éxito no club, Quiroga destacou por dar unha identidade futbolística tanto ao Atlético Escairón como ao propio municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.