O Goberno de Vigo responde aos datos do estudo feito pola OCU

En referencia aos datos do estudo feito público hoxe pola OCU, o goberno de Vigo quere puntualizar que o cálculo realizado pola Organización de Consumidores parte de dúas premisas erróneas:
A primeira, a OCU asegura que utiliza “sempre a combinación máis barata”. No caso de Vigo non é certo porque a viaxe máis barata na nosa cidade é de 0 euros (pensionistas I e II) que supoñen un 33% dos desprazamentos que se realizan no transporte urbano vigués.
Para facer correctamente este cálculo o goberno vigués entende que a OCU debería utilizar a media ponderada dos distintos prezos en relación ás porcentaxes de uso que ten o transporte vigués. Esa media ponderada situase en 0,41 euros que multiplicados por 50 viaxes que a OCU toma como referencia sitúa a Vigo nun prezo de 20,50 euros, moi por debaixo do que reflexa o estudio publicado hoxe.
A segunda das premisas erróneas é que no caso de Vigo o cidadán paga por viaxe efectivo
realizada cando os bonos ou abonos mensuais de outras cidades non implican, necesariamente, o uso de todas as viaxes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.