O Grupo Lemaco “A” gaña ao Abegondo e organizará o Play-off

Obxetivo cumprido, tres vitorias de tres encontros na Fase de Clasificación Cadete Masculino que lle dan o primeiro posto e o dereito de organizar o Play-off en Carballo.

Achegouse ao Vila de Noia o Balonmán Abegondo, un dos equipos chamados a estar nos primeiros postos da División de Honor, xogadores de calidade e que por momentos puxeron a proba aos carballeses, algo que non sucedera nos outros dous partidos.

O Grupo Lemaco amosouse eficaz en ataque onde conseguía anotar con xogo combinativo no ataque en posición e con velocidade nas contras, tivo máis deficiencias na defensa, onde non funcionaron as axudas moitas veces por ser excesivas e onde faltou maior contundencia ante o rival.

Para o Xiria o partido sempre foi cómodo no resultado e nas sensacións amosadas sobre o terreo de xogo, o equipo demostrou sobre todo solvencia e versatilidade no ataque.

Agora toca agardar polos rivais para ese Play-off

Foto: Ingenio, Calvo Xiria

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.