O grupo municipal socialista de Arteixo instará ao goberno local a proxectar a instalación do servizo de saneamento no barrio do Pedroso na parroquia de Larín

O grupo municipal socialista presentará dous rogos ao goberno local no vindeiro pleno para proxectar a instalación do servizo de saneamento no barrio de O Pedroso na parroquia de Larín e a licitación urxente da cafetería do Centro Cívico.

Mocion agresions machistas e submision quimica

Moción en defensa do Ensino Público

Os socialistas denuncian que nun concello cun orzamento tan elevado como o de Arteixo aínda quedan barrios sen algúns servizos mínimos como son o saneamento e a traída de auga. “Mentres o goberno local fai publicidade coa posible implantación dun servizo de vehículos sen conductor nas praias, barrios como o de “O Pedroso” en Larín no límite co concello de Laracha levan anos esperando pola súa integración no sistema de saneamento do concello” afirma a voceira socialista, Patricia Boedo.

“Durante os 11 anos de goberno do PP de Carlos Calvelo dende o Grupo Municipal Socialista establecemos como prioridade todos os proxectos que permitan cubrir os servizos básicos a todos os cidadáns do noso concello, como nos múltiples plans de obras e servizos que se dedicaron a esta función e polos que votamos a favor, pero os vecinos e veciñas de O Pedroso en Larín seguen a esperar por un servizo básico como é o saneamento” dí Boedo.

Ademáis os socialistas tamén denuncian a incapacidade do goberno local do PP para sacar adiante o concurso para a licitación da cafetería do Centro Cívico de Arteixo que leva preto de 4 anos pechada.

“Dende o PSOE denunciábamos xa en marxo de 2019 un novo exemplo do colapso e a falta de xestión no departamento de contratación que tiña o noso concello, que non foi quen de planificar un procedemento para o relevo da xestión da cefeteria trala xubilación do último concesionario” lembra a voceira socialista. “Os usuarios do centro cívico, así como as persoas que a diario percorren o paseo fluvial, levan preto de catro anos sen disfrutar este servizo, pese a que o grupo socialista lle pediu entón ao goberno celeridade, non só para recuperalo, senón tamén para favorecer a creación de postos de traballo a través do emprendemento, xa que nun proceso aberto e en igualdade de condicións, calquera veciño ou veciña de Arteixo podería optar a esta concesión”.

“O equipo de goberno terá que explicar por que non foi licitada ata o de agora a explotación da cafetería do Centro Cívico de Arteixo e si, nalgún momento, teñen pensado poñela en marcha de novo” indica Patricia Boedo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.