O Plan Único da Deputación inviste este ano preto de 18 M€ nos concellos da comarca da Coruña

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan Único para “reactivar a economía, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise”

O Plan Único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 17.941.143  euros investidos nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, dos 4,1 xa teñen como destino o financiamento de 43 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e preto de 1,5 se destinan a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer aos colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para “contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais”

1,5 millóns de euros para gasto social

O Plan Único achega preto de 1,5 millóns de euros aos 19 concellos da comarca para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 34.744,77 euros de Coirós e os 169.839 euros que recibe Arteixo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

4,1 millóns para 43 obras

Dentro do plan, 19 concellos da comarca executarán un total de 43 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Entre os investimentos destacan a construción dunha rotonda e mellora da instersección da avenida de Vilaboa (N-550) coa rúa alcalde Domingo Sierra, en Culleredo, cun investimento de 474.150 euros; a dotación de novo terreo de xogo de herba artificial ao campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado de Oleiros (353.447 €), a primeira fase das obras de mellora do Paseo do Templarios de Cambre (118.404 €), a construción dunha nova senda peonil en Veigue –Sada (205-539 €), ou as obras de mellora nas rúas Xudeos, Cruz Verde (271.533 euros) e avenida Jesús García Naveira (65.243 €) de Betanzos.

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Aranga (263.688 euros), Abegondo (206.723 €)  Arteixo (248.433 €), Irixoa (124.293 €) ou Curtis (121,067 €), mentres Coirós financia con 40.212 € un novo proxecto de mellora do alumeado público en Lesa.

Dezasesis concellos da comarca (todos agás Aranga, Betanzos e A Coruña) destinan parte dos fondos do Plan Único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeado municipal ou a recollida de lixo. Cambre é o único concello da comarca que destina este ano parte dos fondos a redución de  débeda (19.091, 93 €)

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en qué investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

Resumo dos investimentos por concellos

CONCELLO GASTO       CORRENTE INVESTIMENTOS REDUCIÓN DÉBEDA  

GASTO SOCIAL

ADICIONAL

1/2022

 

 

POS+ ADICIONAL

2/2022

TOTAL
ABEGONDO 113.207,88 206.723,89   76.193,39 457.160,30 853.285,46 
ARANGA   263.688,24   61.080,79 366.484,71 691.253,74 
ARTEIXO 485.256,78 248.443,25   169.839,87 1.019.039,24 1.922.579,14
BERGONDO 100.000,00 134.538,72   55.582,72 333.496,32 623.617,76 
BETANZOS   385.884,88   70.094,06 420.564,31 876.543,25 
CAMBRE 346.459,17 208.404,71 19.091,93 121.260,72 727.564,26 1.422.780,79 
CARRAL 86.499,56 288.983,63   56.763,85 340.583,06 772.830,10 
COIROS 99.270,75 40.212,95   34.744,77 208.468,58 382.697,05 
CORUÑA (A)   194.280,18   29.312,24 175.873,38 399.465,80 
CULLEREDO 422.320,51 527.964,77   147.812,18 886.873,07 1.984.970,53 
CURTIS 167.357,76 121.066,72   65.839,24 395.035,37 749.299,09 
IRIXOA 124.072,04 124.293,10   43.425,21 260.551,28 552.341,63 
MIÑO 178.039,14 123.450,82   53.431,59 320.589,55 675.511,10 
OLEIROS 457.507,10 325.946,92   160.127,48 960.764,91 1.904.346,41  
OZA-CESURAS 189.307,79 254.801,23   109.551,92 657.311,88 1.210.972,82 
PADERNE 116.438,13 80.747,26   40.753,34 244.520,07 482.458,80 
SADA 238.122,61 393.328,70   83.342,92 500.057,48 1.214.851,71 
SOBRADO 188.540,41 99.692,78   65.989,14 395.934,86 750.157,19 
VILASANTAR 68.684,05 116.351,59   40.877,92 245.267,51 471.181,07 
TOTAL 3.381.083,68 4.138.804,34 19.091,93  1.486.023,35 8.916.140,14 17.941.143,44  

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.