O PP de Sarria interpreta o resultado do congreso como a necesidade de traballar xuntos e unidos

O Partido Popular avanza na provincia de Lugo na celebración dos seus congresos locais. Hoxe tocoulle a quenda a Sarria. Esta mañá foi elixido presidente dos populares sarriaos Fernando Carlos Rodríguez, nun congreso ao que asistiron diversos representantes da directiva provincial, como a presidenta Elena Candia, o coordinador xeral José Manuel Balseiro Orol, ou o secretarios xeral e de orgnización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente.

Ao proceso concorreron finalmente dúas listas -a de Fernando Carlos Rodríguez e Luis Pardo-, logo de que José Manuel Bello retirase a súa nas últimas horas. A votación contou con 240 afiliados, dos que 121 apoiaron a primeiro e, 116, ao segundo. Trátase, por tanto, dun resultado moi axustado que, en palabras da dirección provincial, indica que a militancia deste municipio “interpreta como a necesidade de traballar xuntos e unidos”.

Vontade integradora do novo presidente

Precisamente, e coincidindo coa mensaxe da máxima dirixente dos populares na provincia, o novo responsable local manifestou a súa vontade integradora, pois o proxecto do PP, “baseado na unidade, é o único capaz de conformar un goberno local estable e eficaz na xestión, e con capacidade para resolver os problemas que ten o concello de Sarria”.

Así, a presidenta Elena Candia puxo en valor que “somos un partido grande e absolutamente imprescindible para Sarria. É a nosa obriga empezar a construír un proxecto integrador para ser a alternativa en maio de 2023, tanto aquí como na Deputación”.

A dirección popular resaltou así a vontade de sumar que caracteriza ao PP, sempre a favor de dar o mellor de si como organización para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Os populares están convencidos de que o proceso congresual, no que hoxe foi elixida a lista encabezada por Fernando Carlos Rodríguez, continuará cun proceso integrador, de maneira que a maior parte das sensibilidades teñan espazo dentro da dirección local do partido. Superado o congreso, é o momento, da unidade, sinalaron, de conseguir para Sarria un goberno municipal popular, estable, con proxecto claro para o municipio e con capacidade de xestión.

Ampla participación

O proceso contou cunha gran participación; feito que amosa, sinala Candia, “a vitalidade do Partido no municipio”.

Os dous candidatos tiveron ocasión de expoñer o seu proxecto para o PP de Sarria antes da votación. Unha vez coñecido o resultado, o novo presidente dirixiuse aos asistentes ao congreso para dar as gracias e expresar a súa vontade integradora.

Dende a directiva provincial dos populares púxose de relevo a importancia dos procesos democráticos internos e tamén a vontade participativa demostrada polos afiliados sarriaos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.