O PP de Viveiro logra que o pleno aprobe a súa moción para deseñar un plan integral de saneamento, a executar en varias anualidades, e dotar de sumidoiros a As Aceas

O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, carece de ideas, empuxe e capacidade para xestionar as infraestruturas que necesita o municipio. É algo que está sobradamente demostrado e que de novo quedou de manifesto na sesión plenaria celebrada pola corporación municipal o martes. O pleno aprobou, sen o apoio do grupo de goberno, as propostas do PP para completar o saneamento de As Aceas e deseñar un plan para o saneamento integral de Viveiro. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que “unha vez máis, a alcaldesa demostrou un preocupante descoñecemento do municipio e das súas necesidades en materia de infraestruturas”.

Os populares non saían do seu asombro cando a alcaldesa explicou que dispón de só 34.000 euros para o saneamento de As Aceas, é dicir, para prolongar a rede de colectores e conectar a ela cada unha das casas. Rodríguez di que é preciso crear a nova canalización, prolongala ata conectar coa actual, que está a uns 50 metros, e instalar unha estación de bombeo. Rodríguez asegura: ”Hai que ter moi pouca idea do que costan as cousas, para pensar que con 34.000 euros se pode facer unha obra así, porque, ademais, contando impostos quedarán en pouco máis de 24.000; é inexplicable”. Engade: “O que queda claro é que a alcaldesa descoñece o municipio e as necesidades de infraestruturas, neste caso das hidráulicas”.

No PP destacan que todos os grupos representados na corporación, menos o PSOE, apoiaron a súa moción, a única que se debateu no pleno. “Defendemos a necesidade de deseñar un plan de saneamento integral de Viveiro e executalo en varias anualidades. Pero a María Loureiro parece que non lle preocupa acabar cos vertidos de augas residuais; moito falan os socialistas de medio ambiente, pero á hora da verdade, non fan nada”.

Os populares instan á alcaldesa e ao seu goberno a cumprir o acordo plenario para o saneamento de As Aceas e deseñar un plan integral. “Queremos pensar que esta vai ser a primeira vez que o goberno local executa acordos plenarios adoptados a instancias do PP; ata agora non ocorreu tal cousa. Esperemos que esta sexa a primeira vez”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.