O programa ‘A Laracha Activa e o Mar de Caión’ concluirá con xornada de portas abertas sobre oficios de pesca artesá

A iniciativa é organizada polo Concello co apoio do GALP Costa da Morte

As iniciativas desenvolvidas durante a pasada fin de semana no marco do programa medioambiental ‘A Laracha Activa e o Mar de Caión’ tiveron unha excelente acollida por parte do público. Nas tres quendas dos obradoiros de recollida do golfe e salgadura de peixe participaron preto de cincuenta persoas, e unha vintena asistiron á camiñada polo litoral da vila.

‘A Laracha Activa e o Mar de Caión’ é organizado polo Concello da Laracha en colaboración co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte. Pretende os obxectivos de reforzar os valores ambientais e patrimoniais do litoral caionés ao mesmo tempo que dinamizar o turismo.

O programa completarase na próxima fin de semana cunhas xornadas de portas abertas sobre os oficios da pesca artesá que se van realizar no centro sociocomunitario. Comezarán o venres de 19:00 a 21:00 horas con tres conversas sobre o pasado, o presente e o futuro do mar a cargo dos historiadores Marcos E. Amado e Fernando Patricio Cortizo e de profesionais do sector pesqueiro. Ademais, o sábado e o domingo poderase visitar a exposición en horario de 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h. A asistencia ás conversas e a entrada para a visita á exposición son libres e gratuítas.

Ademais, permanece aberta a inscrición na camiñada que se vai realizar o sábado 10:30 a 13:30 h. Do mesmo xeito que a xa realizada no día de onte, partirase da Confraría de Pescadores e consistirá nun percorrido guiado de apenas catro quilómetros de distancia e de dificultade baixa. Anotarse é gratis e pode facerse vía telefónica (981605001), presencialmente no Concello ou enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal indicando o nome, DNI, idade, enderezo e teléfono de cada asistente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.