O Ventorrillo protagonizará a sexta proba do circuíto Coruña Corre o 23 de outubro

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou este xoves a sexta proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que se celebra durante todo o ano nos distintos barrios da cidade. Nesta ocasión tócalle ao Ventorrillo, onde o 23 de outubro disputarase esta competición.

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 16 de outubro ás 23.59 horas. Poden participar as persoas inscritas no circuíto e tamén aquelas que non participaran nas anteriores probas. Por outra banda, as persoas interesadas aínda están a tempo de participar na Maratón Atlántica C42, que se celebrará o próximo domingo 2 de outubro. O prazo para inscribirse remata este domingo 25 ás 23.59 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.