O Xeodestino segue apostando polo traballo en rede

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño segue apostando polo traballo en rede para potenciar uns produtos turísticos diferenciados e de calidade. Neste camiño, o vindeiro luns 26 de setembro organizará a segunda edición do Workshop de empresas turísticas, unha xornada coa que se busca poñer en contacto ás diferentes empresas turísticas co sector primario dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) de cara a impulsar sinerxías que faciliten a creación de novos produtos turísticos e a promoción do territorio como destino.
O encontro será ás 18.00 horas no Pazo de Petán ou de Santa Teresa, en Redondela, e permitirá dar continuidade ao camiño iniciado con grande éxito en Tui o ano pasado. Neste taller as empresas participantes terán aproximadamente dúas horas nas que poderán establecer contactos comerciais con outros operadores turísticos do xeodestino, favorecendo así as colaboracións. Tamén poderán achegarse ademais a outras empresas do sector primario, tentando abrir así espazos para artellar novas experiencias turísticas.
Un encontro no que ir coñecéndose para crear alianzas que dean forma á Ría de Vigo e Baixo Miño como destino turístico. Tras o wokrshop servirase un cocktail de degustación amenizado cunha actuación musical no que as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.