Plataforma Sanitaria da Mariña. «No centro de saúde de Viveiro solo hai dúas facultativas de dez que hai na plantilla»

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a caótica situación que está a vivirse hoxe no centro de saúde de Viveiro, onde dun total de dez facultativ@s en plantilla hoxe solo hai dúas médicas para un total de quince mil habitantes . Estas dúas facultativas solamente están a atender urxencias, e xa levan varias atendidas. A maiores deste caos asistencial,no que só están o vinte por cen da plantilla de facultativ@s, vimos de saber que unha caída na rede informática tamén está a impedir o normal funcionamento das outras categorías profesionais.
As dúas profesionais que hai, a maiores da actividade ordinaria e urxente de Viveiro teñen que atender ás persoas desprazadas e pacientes de Ourol e Vicedo, onde tamén hai serias deficiencias.

O centro de saúde de Barreiros atópase desde hai dias cunha soa médica de tres

Está a atender a tres mil habitantes máis as numerosas persoas desprazadas que aínda hai. Esta profesional está a atender, a maiores do cupo d@s tres facultativ@s, as urxencias, domicilios e ás persoas desplazadas, polo que a sobrecarga de traballo é inadmisible aumentando a probabilidade de cometer erros e non podendo ofertar unha atención de calidade.
Desde este colectivo esiximos ao Sergas que poñan fin dunha vez por todas ao caos sanitario da comarca do que son responsables.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.