Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non. «Marketing, propaganda e Rok and Roll na Mina de Touro»

Mentras os gabinetes de comunicación da mina dan unha imaxe de transparencia e festexan un novo proxecto, o gabinete xurídico da mineira leva ao Tribunal de Xustiza de Galiza o caduco proxecto denegado.

Cobre San Rafael con ganas de litigar contra Xunta, veciñanza e asociacións para insistir nun proxecto inviable e denegado, e impedir que a Xunta de Galicia dea acceso á documentación do expediente da mina. ¿Qué agochan?

En Touro e O Pino levamos cinco anos escoitando a mesma mensaxe que fala de transparencia, boa fé, minaría moderna, sostible, restauración, calidade das augas, que tenta, a conta de repetila moitas veces, introducirnos no noso día a día e nos nosos medios de vida a reapertura dunha mina a ceo aberto.

Cinco anos nos que a sociedade civil galega se manifestou en contra dese proxecto mineiro, saiu á rúa para denuncialo e decir non á mina, presentou informes, alegou e conseguiuse  unha DIA NEGATIVA – Declaración Impacto Ambiental, en 2020, ás portas dunha pandemia.

Un período no que nos sentimos ben polo traballo feito, pola unión da sociedade contra este proxecto, pero que sabíamos que non era o fin, que podían presentar outro proxecto ou recurrir o denegado, ainda que unha DIA non é recurrible.

Mentras nos cuidamos durante o confinamento, eles seguiron a traballar o seu greenwasing, a sua licencia social, con numerosos patrocinios, así é como se lava unha mala imaxen, todo é marketing e publicidade, vivimos no século no que unha noticia caduca aos poucos segundos e a publicidade, insistente e machacona, é a que moitas persoas acaban creendo ou vendo. Adican e empregan cuantías inxentes en mercar todo o que se queira vender con tal de facer unha foto, un video e un sorriso que lles faga quedar como o que non son.

Dentro desa aparente boa fé, transparencia e caras amables coas que topamos cada día, un dos primeiros atrancos cos que topamos, cando se quere furgar nese sorriso, e se quere  acceder ó expediente da mina na Xefatura Territorial de Minas, para comprobar que se cumpla a lei, a empresa Cobre San Rafael, pon todos cantos atrancos pode para impedir que as veciñas e veciños, as asociacións ambientais poidan ter ese acceso, e indo incluso contra a decisión da propia Xunta de Galicia, e permitir conocer polo miúdo a letra pequena,  chegando ao punto de que despois de varios recursos perdidos pola mercantil, acuda ao Tribunal de Xustiza de Galicia para impedir que se coñeza o que por lei temos dereito, eso sí, quen queira conocer a versión da empresa sobre estes temas, sempre pode acudir a un pase privado con presentación en power point con imaxe bucólicas, lástima, que por suposto nada teña que ver co expediente no que está a letra miúda. (imaxen 2)

Pero non queda ahí o atranco e a falta de transparencia, atopámonos con que a pesar dunha DIA negativa, dunha resolución negativa, de terse desestimado o recurso de resposición que presentou Cobre San Rafael contra a Resolución negativa do proxecto denegado, estes días recibimos comunicación de que tamén decide elevar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a sua intencion en querer seguir adiante co proxecto denegado, é dicir, por unha banda realizan durante estes dous anos unha campaña de  marketing abrumadora a favor dun novo e maravilloso proxecto e por outra, ainda sabendo que unha DIA non é recurrible, opta por ir aos tribunais galegos, en contra dos veciños, veciñas, asociacións e Xunta de Galicia, defendendo un proxecto calificado de inviable pola propia Administración o que demostra unha vez mais que están a facer pura propaganda e festexo, ó único no que a nobel e inexperta Cobre San Rafael parece acadar  experiencia no seu curto curriculum de actividade.  (imaxen 1)

Imaxen 1. Extracto emprazamento recurso contencioso-administrativo interposto por CSR  pola resolución negativa do proxecto da mina que confirma a DIA negativa.

 

Imaxen 2. Extracto emprazamento recurso contencioso-administrativo interposto por CSR para impedir o acceso á información pública.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.