Presentada a XXII Festa da Mazá e da Sidra de Santomé de Piñeiro (Marín)

Santomé de Piñeiro acollerá o fin de semana do 8 e 9 de outubro, a XXII edición da Festa da Mazá e da Sidra
A presentación da festa gastronómica máis popular do rural marinense foi realizada por Manuel Domingos González, acompañado por representantes do Concello e por Botón de Ancla.
Nestes días se recollerá máis de 3.000 kg de mazá que servirá para a elaboración de 1.000 litros de zume de mazá, xa que este ano pola falta de chuvia a mazá ten menos xugo que en edicións anteriores.
A festa retómase despois dos 2 anos de pandemia nos que non se puido celebrar,.
Comezará o sábado día 8 ás 10 da mañá coa apertura dos postos de venda de sidra, mazás artesanía, polbo, empanadas, churrasco, …
A continuación ás 12h. haberá a saída da Ruta Cabalar, acompañada ás 13h. da Charanga Os de Carballido”.
Pola tarde ás 16h. a Carreira Pinga Pinga e pola noite a partír das 21h. gran verbena amenizada pola Orquestra Magos e Marietta.
O domingo 9, continuarase cos postos de venda e ás 11h. iniciarase a Concentración Cabalar do país, e ás 12 actuación da Charanga A Cabeza non Para.
Ás 13 horas dará lectura do Pregón a coñecida marinense Mar García, máis coñecida como Cari Cari.
E pola tarde ás 17:30 o espectáculo cabalar “La Magia del Caballo”.
A festa rematará co tradicional Concurso de Empanada de mazá ás 19:30h.
A organización anima a que haxa relevo para que esta festa de tanta tradición pódase continuar celebrando en próximas edicións.