Recollida masiva de sinaturas no Centro de Saúde de Viveiro

A Plataforma Sanitaria cialifica dun rotundo éxito a recollida de sinaturas que organizou hoxe no Centro de Saúde de Viveiro Ata alí achegáronse numerosísimas persoas que quixeron amosar o seu apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. Do mesmo xeito o persoal do propio centro saiu a asinar e apoiar esta iniciativa que precisa de dez mil sinaturas para debaterse no Parlamento.
A situación en Viveiro hoxe seguía a ser caótica, posto que dúas médicas na quenda de maña, dun total de sete, e unha na quenda de tarde das tres qus deberían estar, atendían hoxe aos preto de dezaseismil habitantes de Viveiro máis as persoas desplazadas. O servizo de pediatría tamén estaba deficitario, funcionando só ao cincuenta por cento.
A Plataforma Sanitaria desplazarase mañá ao centro de saúde de Barreiros, onde levan días cunha cunha soa médica dos tres que conformam a dotación.O dispositivo móbil recabará sinaturas desde as 10:30 horas ate as 12:30horas.
Desde o cectivo animamos ás e aos barreirenses a que acudan a apoiar esta iniciativa que rescate a Atención Primaria do caos en que está sumida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.