Recta final das obras dos cinco aparcadoiros gratuítos de Carballo

O Concello de Carballo inviste máis de 150.000 euros para seguir mellorando os espazos de estacionamento no centro urbano

A empresa Excavaciones y Obras Candal está a rematar as obras de acondicionamento de cinco espazos urbanos que son utilizados como aparcadoiros. Dentro do plan de mellora das áreas de estacionamento gratuíto coas que conta toda a zona urbana -ben en terreos municipais ou ben en solares cedidos ao Concello de Carballo polo sistema de comodato-, nestes momentos estanse a actuar en máis de 8.000 metros cadrados de superficie.

Estas son as localizacións e as superficies aproximadas:

  • Pazo da Cultura: 2.250 metros cadrados
  • Rúa Perú: 2.250 metros cadrados
  • Rúa Río: 700 metros cadrados
  • Fórum Carballo: 1.000 metros cadrados
  • Depósitos de auga: 2.200 metros cadrados

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, realizaron esta semana un percorrido por algúns dos estacionamentos, nos que, despois dos traballos de explanación, sumidoiros, gabias e pavimentación con aglomerado, acometerase o pintado das prazas e tamén se instalarán sinalización vertical e, onde sexa preciso, luminarias. O Concello de Carballo realiza un investimento de 153.845,38 euros. O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) colabora cunha subvención 64.580,86 euros dentro do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable MOVES II.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.