Rubén Arroxo rexistra a súa candidatura a cabeza de lista do BNG de cara ás eleccións municipais de 2023

O BNG escollerá nunha asemblea local á cabeza de lista o vindeiro 26 de setembro

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, vén de rexistrar a súa candidatura para encabezar a lista de cara ás eleccións municipais do 2023. Rubén Arroxo explicou que «o BNG é unha organización democrática, e todas as cuestións importantes, como a cabeza de lista de cara a unhas eleccións municipais, escóllense entre toda a militancia». Arroxo presentou a súa candidatura «para unhas eleccións nas que o BNG vai optar a todo», e engadiu «temos optimismo, ilusión e ganas de seguir levando adiante un cambio profundo en Lugo».

O Responsábel local do BNG, Felipe Rivas explicou que «o Consello Local abriu un procedemento no que calquera militante pode presentar a súa candidatura», e engadiu «a asemblea local reunirase o vindeiro luns 26 e escollerá á cabeza de lista de cara ás eleccións de 2023».

A proposta que aprobe a Asemblea Local será posteriormente refrendada polo Consello Comarcal e polo Consello Nacional do BNG. Rivas lembrou que «no 2015, o BNG foi escollida como a organización política máis democrática segundo o estudo realizado pola iniciativa +democracia, o que se demostra con procedementos como este, onde se da a voz a toda a militancia».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.