Unha nova conquista da mocidade coruñesa: autobús universitario a 0,21 céntimos

O Concello da Coruña, liderado pola alcaldesa socialista Inés Rey, continuou coa súa aposta pola xuventude da cidade, reducindo o coste das liñas universitarias ao mínimo histórico para os estudantes da UDC

Unha débeda histórica coa mocidade galega acaba de ser saldada: a rebaixa do prezo do autobús universitario para o estudantes da Universidade da Coruña. O compromiso social deste goberno mostra a súa sensibilidade con respecto ás necesidades da xuventude coruñesa, o goberno da xente non só está na Moncloa, temos unha gran representante en María Pita.

O convenio entre Concello e a UDC, que permite establecer esta tarifa plana de viaxes, supón un abaratamento de cada traxecto de 52 céntimos, é dicir, aproximadamente un 60% de rebaixa. Por fin un respiro para os petos do colectivo estudantil, que leva lustros pedindo esta medida para sobrevivir ante a precaria situación económica que está a vivir.

Eduardo Astray, secretario xera das Xuventudes Socialistas da Coruña, indicou que «este acordo alcanzado entre a UDC e o Concello da Coruña é unha moi boa nova para a mocidade universitaria, supón unha mostra máis da boa xestión do goberno de Inés Rey fronte a parálise de Alfonso Rueda»».

Cada día, a dificultade para independizarse da mocidade galega é máis complicada: traballos precarios, aluguer impagable, falta de oportunidades…Parece que o noso país quere que o seu futuro marche e medre lonxe das nosas fronteiras, menos mal que temos aos concellos galegos socialistas, que intentan paliar a inactividade da Xunta de Galicia en materia de xuventude dende fai máis dunha década.

Grazas ao desconto da Coruña, os estudantes poderemos vivir un pouco máis tranquilos e felices, sen que as débedas e a presión financeira afogue o noso día a día. «Nunca antes houbo tantas conquistas para a cidadanía da nosa cidade coma nesta lexislatura, e a mellora e abaratamento do servicio de transportes para os estudantes é unha nova mostra do compromiso social e coa xuventude do goberno municipal», explica Antón Cillero, secretario de economía das Xuventudes Socialistas da Coruña.

Non debemos esquecer que ao tempo que Inés Rey abarata o autocar, o Goberno de Pedro Sánchez entregou becas para á cultura da mocidade, porque hai unha forma de facer política por e para a xente, e sempre somos os socialistas. As receitas da dereita ante a inflación e a precariedade xa as coñecemos; subida de tipos de interese, baixada de impostos aos máis ricos e acabar coas clases medias e baixas así coma cos estudantes. Por sorte existe outro xeito de traballar, e a partir do próximo 3 de outubro, as liñas UDC, 24, 2A e as viaxes para facer transbordo con estas, costarán 20 céntimos.

Esta vitoria, despois de anos de loita e reivindicacións, non fai que as Xuventudes Socialistas de Coruña esteamos satisfeitas: a nosa aspiración sempre será a completa gratuidade para os estudantes das liñas que conectan á cidade coa universidade. Alegrámonos da xestión e do sentir social do consistorio cos mozos e mozas, pero somos inconformistas, sempre aspiramos a máis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.