Vilalba Aberta defenderá no Pleno o incremento da contía económica ao Vilalba FS

Modesto Renda instou á Alcaldesa a asumir dunha vez os seus compromisos co fin de que o Concello reforce o seu apoio económico e institucional e se poña “á altura do espectacular crecemento a nivel formativo, competitivo e de valores do clube»

Vilalba Aberta anunciou hoxe unha nova iniciativa coa que pretende facer súas as demandas da directiva do Vilalba Fútbol Sala. A proposta, que ten por obxectivo “acadar o consenso da corporación” a fin de que o Concello reforce o seu “apoio económico e institucional ao club”, nace froito da necesidade de impulsar o que o voceiro da formación, Modesto Renda, cualificou de “meteórico crecemento a nivel formativo, competitivo e de valores”.

Tal e como explicou Renda, na actualidade, o club conta con equipos senior masculinos, femininos e de base e tamén se ocupa de impartir esta modalidade nas categorías de alevín, infantil e cadete nas Escolas Deportivas Municipais.

“Debido ao gran aumento de nenas e nenos en Vilalba que apostan pola práctica do fútbol sala como primeira actividade deportiva, estamos obrigados a dispoñer de máis equipos, adestradores e en definitiva máis recursos para aspirar a ter unha formación de xogadoras e xogadores o máis ampla posible”, apuntou Renda.

Así e ao tempo que puxo en valor a aposta da directiva polo crecemento sostido e dende a base, o voceiro de VA lembroulle á Alcaldesa os seus compromisos co equipo senior que logrou o ascenso á Segunda División B. Un fito que, xunto coa tempada do feminino, definiu de histórico e que, a ollos da súa formación, esixe dunha resposta á altura do Concello como institución.

Neste senso se pronunciará en sesión plenaria, instando á Alcaldesa a negociar o necesario incremento da subvención nominativa que percibe o Vilalba F.S.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.