Vilalba Aberta denunciará a non peonalización da Praza de Santa María cun concurso fotográfico

Dende o seu nacemento coma formación política municipal, Vilalba Aberta comprometeuse publicamente en varias ocasións coa necesidade de peonalizar a Praza de Santa María.

Un espazo ao que cualifican de “Parking“, na liña do que moitos veciños/as consideran, ao estar actualmente ateigada de coches a que consideran “a praza máis fermosa de Vilalba, situada no corazón do casco histórico, a unha carreiriña de can da Torre do Castelo.”

Velaí que pensaron nun Concurso Fotográfico. Unha convocatoria aberta que, baixo o satírico título de Safari Fotográfico Express, visibilizará nas redes sociais a “falla de humanización” dun espazo no que, un día si e outro tamén, os coches son os auténticos donos.

BASES, CONDICIÓNS E PREMIOS

– Poderán participar todas as persoas que o desexen; no caso de seren menor de 16 anos, cómpre autorización paterna.

– O prazo comezará o martes, 20 de setembro de 2022 e durará exactamente unha semana.

– Cada participante poderá presentar o número de fotos que desexe; cadaquén decidirá libremente se decide presentar fotos reais ou ben con máis creatividade (figurando nelas os obxectos que estime axeitados).

– A presentación das fotos debe facerse de xeito virtual, enviándoas á dirección de correo vilalbaberta@gmail.com

– Por respecto do dereito de privacidade, non se aceptarán fotos nas que se recoñezan persoas ou a matrícula dos coches (deberá pixelarse esta ou fotografar só a parte do coche por riba da matrícula).

– Haberá 3 premios con produtos elaborados no Concello de Vilalba.

  • 1º Premio: Un queixo de San Simón (aproximadamente un quilo), un Roscón de Vilalba e diploma acreditativo.
  • 2º Premio: Un queixo de San Simón (aproximadamente un quilo) e diploma acreditativo.
  • 3º Premio: Un Roscón de Vilalba e diploma acreditativo.

– A asignación de premios farase segundo a suma do número de “gústame”, de cada fotografía nas redes sociais Facebook e Instagram, de xeito que a que teña máis levará o primeiro premio, a que lle siga o segundo premio e a seguinte, o terceiro.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.