Visita ao centro de transformación de produtos agrarios de Brión

O sábado 17 de setembro o Movemento Veciñal de Touro organiza unha visita ao centro de transformación de produtos agrarios de Brión e á feira labrega

A finalidade da visita é coñecer como funciona o novedoso centro de transformación (o xeito de comercialización, utilización, rexistro sanitario para que a veciñanza poida vender, instalacións, matadoiro móbil…) para tomar nota e poder implementalo en Touro na lexislatura 2023/2027 no caso de gobernar, unha aposta que xa contemplaba o noso programa electoral no ano 2019.

Este tipo de centros permiten que tanto os emprendedores como pequenos produtores, e mesmo veciñanza que teña excedentes da súa produción, poidan comercializar o produto de acordo coa lexislación ao operar baixo un rexistro sanitario unificado. Tamen ofrecen unhas instalacións con maquinaria que permiten o envasado e a transformación dos alimentos.A visita coincide ca feira labrega na carballeira de Brión polo que aproveitaremos para visitala e para xantar alí. É preciso anotarse contactando con algunha das persoas que forma parte das listas do Movemento Veciñal ou a través das redes sociais do colectivo.

Esta é a segunda saída que facemos. A primeira tivo lugar en Manzaneda para coñecer a cooperativa de castaña Amarelante Sociedade Cooperativa Galega e foi un éxito, tanto en participación como en resultados xa que algunhas persoas que participaron na mesma logo apostaron pola plantación de castiñeiros no noso concello.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.