Volta motociclista a Galicia, un evento de “talla mundial”

A ruta deportiva, que se celebrará entre os días 7 e 9 de outubro, partirá do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para percorrer, ao longo de tres etapas algúns dos recunchos máis fermosos da provincia e da comunidade autónoma. Trátase da última proba puntuable para o World Touring Challenge e para a Copa de España de Mototurismo

Juan Noguerol asegurou que é «unha honra contar coa colaboración da Deputación, sen ela non sería posible desenvolver a Volta», e que a intención é a de «mellorar a proba do pasado ano», comezando por un aumento da duración da mesma, pasando así das dúas etapas de edicións anteriores ás tres deste ano.

Pola súa banda, Gorka Gómez destacou a importancia do «turismo deportivo para o desenvolvemento da provincia», máis aínda no caso dunha proba como esta, con carácter internacional e que conta xa con 70 motoristas inscritos, das que máis da metade son estranxeiros. «É importante poñer en valor as diferentes modalidades deportivas e que a sociedade teña a oportunidade de coñecer referentes deportivos de todas as disciplinas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.