Volve o Marín Gaming Fest os días 15 e 16 de outubro

O 15 e o 16 de outubro volverá ao Pavillón da Raña o II Marín Gaming Fest,
organizado polo Concello de Marín e Gaming Troop e que foi presentado polos
concelleiros Hugo González e Antonio Caíña, así como con representantes da
entidade organizadora.

De novo, contarase cos torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros,
Ultimate e League of Legends. “Para dar máis variedade ao evento e que poida
xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán
xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall
Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports”, explican desde a
organización. Ademais, manterase a zona de simracing con dous dos postos de
volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.

A novidade deste ano será unha zona VR onde os asistentes poderán probar a
experiencian das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber.
Ademais, nun evento coma este non pode faltar o concurso de cosplay, onde
poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que
participen, que poderán ser até 50

O “jugger” tamén terá o seu propio espacio, onde se poderá probar a aprender
este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo. Completarána
programación diversos obradoiros e charlas de interese, ademais dun concerto de
música de videoxogos-anime, grazas ao artista Yell0.

Ademais, para que os asistentes poidan desfrutar das actividades que se
celebrarán durante todo o día, instalaranse varios foodtrucks diante do pavillón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.