A especial relación entre Tui e a BRILAT plasmada na visita que o alcalde realizou esta semana á base desta unidade do exército

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado das concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e de Igualdade, Ana Núñez, realizou esta semana unha visita ás instalacións da BRILAT en Pontevedra respondendo ao convite feito polo xeneral xefe da Brigada de Infantería Lixeira «Galicia» VI, Luís Cortés,
Na visita realizaron un percorrido polas instalacións da Base «General Morillo» en Pontevedra e o alcalde asinou no libro de honra.
Enrique Cabaleiro explica que con esta visita “recoñécese a especial relación de colaboración entre o Concello de Tui e a BRILAT, que xa ven de lonxe”. Cómpre lembrar que a BRILAT é confrade de honra de San Telmo, participando cada ano na procesión do patrón da cidade, e dende Tui sae anualmente o concurso de Patrullas que organiza esta unidade do exército polo Camiño de Santiago entre Tui e Compostela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.