A Facultade de Comunicación da UDC analiza mañá nunhas xornadas sobre novas audiencias o metaverso, o streaming e o éxito do #DígochoEU

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña organiza mañá mércores 26 de outubro as II Xornadas sobre Novas audiencias na contorna dixital
Os actuais cambios nas formas de visionado impoñen unha reflexión sobre como se deben realizar as medicións da audiencia televisiva e como achegarse ás audiencias máis novas. Os tradicionais métodos non bastan para cubrir novas modalidades de visionado como as que se realizan en directo ou en diferido en distintos dispositivos como tabletas, smartphones ou través de novos actores no mercado audiovisual como as plataformas Netflix ou HBO.
Estas serán só algunhas das cuestións que se tratarán mañá nos relatorios da Xornada con catro especialistas que se achegarán a dita temática desde distintos puntos de vista.
Programa
- 10:00h.: Inauguración a cargo do decano, Luis Hernández, e as profesoras Ana González e Natalia Quintás, organizadoras das Xornada.
- 10:10-11:00h.: Ricardo Vaca, presidente da consultora Barlovento Comunicación): “A (meta) audiencia en procura do metaverso”.
- 11:00-12:00h.: Elena Neira, profesora da UOC: “Medir audiencias en streaming: un reto infestado de segredos”.
- 12:00-12:30h.: Descanso
- 12:30-13:30h.: Carlos Amado e Esther Estévez (CRTVG) (#DígochoEu TVG): “As claves do éxito do #DígochoEu”.
As conferencias serán no salón de actos do centro e o acceso é libre.