A historia da saga familiar dos Portela, este sábado en ‘Facendo as Américas’

De Tomiño, a Montevideo, toda unha historia de traballo, esforzo e emigración que coñeceremos a través do seu fillo, Luis Emilio G. Portela,  este sábado en Televisión de Galicia

Estíbaliz Veiga viaxa este sábado ata o Uruguai nunha nova entrega de ‘Facendo as Américas’ para coñecer a historia da saga familiar dos Portela. Toda unha historia de traballo, esforzo e emigración que coñeceremos moi de preto, da man do fillo de don Portela, Luis Emilio G. Portela, ás 18.00 horas, na Televisión de Galicia.

O mellor momento, a gloria da «Suiza Americana», xa comezara a desaparecer cando don Emilio González Portela, procedente de Tomiño, chegaba ao porto de Montevideo, alá polo anos cincuenta onde atopaba traballo en ‘El Palenque’, unha pequena casa de comidas.

O seu talento e empeño convirtirían a ‘El Palenque’ nun dos grandes enclaves gastronómicos de Montevideo ata chegar a estar considerado como un dos mellores lugares do mundo para degustar carnes. Actualmente, xestionado polos seus descendentes, o establecemento está incluído na lista dos 30 mellores restaurantes do mundo para comer carne da axencia estadounidense ‘Bloomberg’.

Unha homenaxe á figura de don Emilio González Portela a través do seu fillo, este sábado en ‘Facendo as Américas’.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.