A música folk dos gaiteiros dos Muíños de Oliveira soará en Prado ao abeiro do programa Cultura24

Tocarán no Centro Cultural este sábado 5 de novembro ás 19.00 horas

A música volve esta fin de semana a Ponteareas da man do Cultura24, co que o Concello de Ponteareasdeseña unha ampla programación de lecer de balde “co obxectivo de dinamizar todas as parroquias da nosa vila achegando actividades culturais diferentes, entretidas e para todos os públicos a cada unha delas”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A proposta cultural para este primeiro fin de semana de novembro arrancará este sábado 5 coa música folk do grupo de gaiteiros ‘Os Muíños de Oliveira’, que ofrecerá ao público un amplo repertorio co que amenizar parte da tarde. A actuación será a partir das 19.00 horas no Centro Cultural de Prado.

O edil convida a todos os veciños e veciñas de Ponteareas a que “acudan a esta nova actividade do Cultura24, un programa co que buscamos ofrecer un amplo programa musical, teatral… co que promocionar a nosa arte e ás nosas agrupacións culturais”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.