A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña apoia ao sector da pesca

Diante de inminente entrada en vigor da decisión da Comisión Europea de vetar a toda a pesca de fondo en 87 áreas da costa do Estado español, Portugal , Francia e Irlanda, expulsando dos caladoiros tradicionais a preto dun milleiro de barcos , dos cales uns 200 son pesqueiros galegos cun cincuenta por cento deles con orixen na Mariña, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña quere amosar o seu total apoio ao sector do mar e sumarse ás mobilizacións e reivindicacións que se determinen.

Debemos lembrar que a frota pesqueira mariñá cumpre escrupulosamente todas as normativas ás que está suxeita, malia ser un sector enormemente castigado polas directrices europeas , que relega  á frota galega e mariñá a faenar nunhas condicións de clara desventaxa respecto a outros lugares da Unión Europea.  A maiores, esta decisión de Europa de vetar a pesca de fondo aos nosos barcos sería un ataque máis a unha comarca azotada polo desmantelamento da súa industria , o abandono no que sumiron  á gandeiría e ao  sector agrícola os responsables políticos  e o “desguace” que a nosa sanidade pública está a sufrir, agravada polo golpe mortal que produciu supresión da  área sanitaria da Mariña.

Non podemos esquecer que este novo golpe para a comarca significaría a perda de preto dun milleiro de postos de traballo directos e da industria relacionada , cifra que nos colocaría á altura dos postos de traballo do sector do aluminio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.