A Plataforma Sanitaria cualifica de éxito a recollida de sinaturas en Trabada e Lourenzá

A Plataforma Sanitaria da Mariña cualificou de éxito rotundo a recollida de sinaturas de hoxe nos Concellos de Trabada e Lourenzá. O colectivo desplazou o seu dispositivo móbil a estas localidades para que as veciñas e veciños apoiaran coa súa sinatura a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria, impulsada por SOS Sanidade Pública.
Desde o colectivo sinalan tamén a gran indignación que se está a vivir no concello de Lourenzá pola ausencia continuada do pediatra que comoarte con Mondoñedo e Barreiros, desde que a anterior facultativa concursara nun traslado. As familias esixen que se repoña ao pediatra compartido para recuperar este servizo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.