A Plataforma Sanitaria da Mariña recollerá sinaturas en apoio da ILP en defensa de Atención Primaria en Trabada e Lourenzá o martes 11 de outubro

A primeira recollida será ás 10 horas no Centro de Saúde de Trabada

A Plataforma Sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo móbil aos concellos de Trabada e Lourenzá o vindeiro martes 11de outubro. O obxectivo desta mesa será a recollida de sinaturas  en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.

A primeira etapa desta xornada realizarase diante do Centro de Saúde de Trabada, en horario de 10 a 11horas.

A seguinte etapa desenvolverase na Praza do Concello de Lourenzá ás 12 horas.

Unha vez finalizada a recollida de Trabada o dispositivo móbil desplazarase ao veciño concello de Lourenzá , onde realizará unha nova recollida na Praza do Concello a partir das 12 horas e ata aproximadamente as 13:30 horas.

Esta iniciativa lexislativa popular está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo no que está integrada a Plataforma Sanitaria da Mariña e recolle medidas tan importantes como garantir a presencialidade e calidade na atención, mellorar as condicións e dotar axeitadamente de persoal os centros de saúde, incorporar novas categorías (coma logopedia , podoloxía, clínica…)e incrementar o xa existente ou rematar coas esperas en Atención Primaria, entre outras.

Desde este colectivo sanitario animamos ás e veciñas e veciños de Trabada e Lourenzá a que  se acheguen ata estes dispositivos para apoiar coa súa sinatura esta inciativa que tenta recuperar e reflotar unha Atención Primaria que  “nestes momentos camiña cara á deriva polas política de recortes e desprestixio que o goberno da Xunta  leva practicando desde hai trece anos”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.