A veciñanza de Viveiro amosa o seu apoio á ILP sobre medidas urxentes para a atención primaria

Na mañá de hoxe o BNG proseguíu na campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Desde o BNG de Viveiro procederon á recollida de sinaturas e tamén á divulgación desta iniciativa tan necesaria para mellorar a atención primaria e a sanidade pública en xeral e que precisa do apoio de toda a cidadanía localidade a localidade para que que chegue con forza ao Parlamento, porque o malestar da poboación é xa un auténtico clamor con todo o que está acontecendo na atención primaria e nos centros de saúde da comarca e do país.
A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña e neste sentido a portavoz do BNG en Viveiro, Miriam Bermúdez manifestou que “o Bng sempre está e estará na defensa dunha sanidade pública digna, dunha sanidade pública do século XXI e por eso esta iniciativa lexislativa que apoiamos tén que servir para frear as políticas contra a sanidade pública que está a levar adiante o PP”
Desde o BNG, recordaron tamén as situacións sufridas semanas atrás en Viveiro no centro de saúde, donde se chegaron a dar casos de dispoñer só de dous médicos dos dez que hai en plantilla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.