ACiP: “O Concello de Ponteareas incumpre a sentencia do Tribunal Constitucional ao negarse a devolver os importes das 400 sancións dos estados de alarma”

Tras a sentencia do Tribunal Constitucional o resto de administracións, Xunta de Galicia e Goberno do Estado, hai meses que procederon a devolución das sancións

En outubro do ano pasado, o Tribunal Constitucional declarou como inconstitucional o primeiro dos estados de alarma decretados polo goberno. O executivo estatal poucas horas despois, notificaba a todas as institucións a obrigatoriedade de devolver as contías de cada unha das sancións interpostas durante ese período.

Como corresponde, o Goberno de España e a Xunta de Galicia puxéronse a devolver os cartos de oficio, pero non así o Concello de Ponteareas. “No mes de xuño, desesperados, varios veciños afectados por estas sancións informáronnos sobre esta nova “cacicada” do goberno municipal.  Ante estes feitos, Alternativa Ciudadana de Ponteareas solicitou información sobre o proceso no Pleno Ordinario do mes de abril. Coa información correspondente sabemos que nos atopamos por enriba das 400 sancións (unhas 115 no 2020 e 288 no 2021), que a unha media de trescentos euros de importe por cada unha sitúan a apropiación ilegal do Concello por enriba dos 100.000€” denuncian dende ACiP.

No mes de xuño, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas puxemos en coñecemento dos medios de comunicación estes feitos, xa que a extensión temporal desta ilegalidade é un prexuízo moi grave para os nosos veciños. Ademais, se atendemos a actual situación de inflación e a proximidade do Nadal, facendo dunha necesidade imperiosa a devolución destes cartos”.

Como sinala o portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera: “Demandamos o Concello que se restitúa a legalidade, xa que o Concello de Ponteareas non é alleo a esta situación. Non imos permitir máis esta actitude, sendo un exemplo horrible para a veciñanza, polo que, de ser necesario, recorreremos as institucións xudiciais pertinentes”.

“Por este motivo, dende ACiP esperamos que a Sra. Fernández respecte a institución que representa e realice a maior brevidade unha comunicación oficial, na que informe da devolución inmediata destas sancións os ponteareáns afectados.  Informamos que de continuar alargando esta irregularidade manifesta, poñerémolo en mans das autoridades competentes para que lle esixan o Concello a devolución das multas”, declaran.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.